martes, 8 de febrero de 2011

FOISE BENITO LOSADA

Deixounos Benito. Antes foi Marcos, agora tí. Moitas tardes compartimos falando de calqueira cousa, porque contigo podiase falar de todo. Bon xestor, coordinador, iniciador e innovador cultural, boa persoa...

Sinto haberme enterado Miño arriba despois de que nos deixaras, e despois da homenaxe que che fixeron. Calquer homenaxe é pouco para un home coma tí. Sintoo profundamente.
UnHa forte aperta para Lourdes e Anxo. Muller e fixo que sufren unha grande perda.
R.I.P.

martes, 1 de febrero de 2011

TEMPOS REVOLTOS

Tempos modernos... o contorno é turbulento....todo flue e nada permanece .....
Parece que o mundo está a voltarse tolo. Os acontecementos veñen e van coma un raio; non temos tempo a asimilar todo coma un rescen nascido... o tempo pasa, SI, moi deprisa. Pero a crise non vai seguir ese mesmo ritmo. As crises van seguir un ritmo exponencial con relación ó tempo, cada vez van durar máis ainda que os cambios sexan máis rápidos. Un novo paradigma, pois SI.

Ata Mubarak pide tempo para permanecer, todo parece indicar que non vai chegar a setembro, pois SI. Vai votar mais tempo, ainda que parezca que non esté, si que vai estar. Non é doado que nun país que é nomeado polos nosos cregos en tódalas misas contando historias de fai vinteun séculos e que os seu cidadáns posiblemente descoñezan cambie tan rápido. Sería necesario recoller todo o coñecemento perdido polos seus ancestros e non estragalo como parece que están a facelo. Sería necesario ter un novo líder recoñecido polo pobo pero non xurde ningún coa forza suficinte para meter nun rego a sabiduría dun pobo que parece perdido. O Indiana Jones de occidente tiña resolta a papeleta co MUBARAK pero quen o vai defender ante semellante panorama? Pois, os anti-islamistas radicais, o malo e que non hai alternativa porque xa están no poder. Que vai acontencer entón?. Pois seguir no poder a toda costa, ainda que sexa cun cambio pouco tranquilo e que non se antoxa rápido como poida parecer.

TEMPOS REVOLTOS é o que nos espera coma os remuiños de vento que cando chegan afastan todo ó seu redor, pero cando se van as cousas voltan a colocarse no mesmo sitio. Os humáns sempre sentamos o cu no mesmo asento. O asento de MUBARAK está moi quente como para que se sente un ANTI MUBARAK.

FOZ OU ZORRO?

Hoxe escomenza un site crítico para ollar a realidade que corre polo rego da actualidade que acontece a cotío. Non pretende ser fonte de análise da NOTICIA, para iso xa están os xornais e os xornalistas, senon que pretender deixar constancia dos cambios que estamos a sufrir dende un punto de vista moi particular.